venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Como ben sabedes, este domingo é o Día das Letras Galegas. Este ano, o máis rariño que acordamos, homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero, autor ferrolano e defensor da lingua galega.
Ao redor da súa figura e da súa obra "As pitas baixo a choiva", preparamos actividades, vídeos, información... Todo accesible e listo para que o disfrutedes.
Esperamos que vos guste!!

Click aquí.




xoves, 20 de xuño de 2019


A CIDADE SEN BARREIRAS


Que mellor forma de rematar o curso que compartindo? 
Pois iso imos facer: compartir con todos vós o froito de moito traballo: O noso folleto turístico da cidade da Coruña que elaboramos no marco do Plan Proxecta
Pero antes tedes que saber algunhas cousas: 

  1. Que o fixeron os nosos alumnos e alumnas, que procuraron a información, que redactaron os textos, que tomaron as fotografías e que son os protagonistas dos vídeos que aparecen nel.

  1. Que este non é un folleto ao uso, é un folleto cento por cen accesible: con lectura fácil, códigos QR en Lingua de Signos, lingua oral e pictogramas. Porque todos e todas temos dereito á información, porque todos e todas temos dereito á cultura, porque todos e todas temos dereito a unha sociedade inclusiva e porque nós queremos colaborar en que todo isto sexa máis real.
Esperamos que vos guste tanto como a nós:




Xa non nos queda máis que convidarvos a que o compartades con todo aquel que se poda beneficiar del e con quen vos pete.

Bo verán e ata o vindeiro curso!

xoves, 30 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

ANTONIO FRAGUAS


Para nós, Antón Fraguas xa era un vello coñecido... Coñecíamos a súa vida, a súa obra e ata os seus gustos e aficións. Proba delo é a canción que lle adicamos.




Durante toda a semana estivemos a traballar sobre o homenaxeado. Como o fixemos? Elaboramos unha invitación para a festa das letras. Nela había un quebracabezas de Antón pero... sen pezas! Había que gañalas. Cada día propoñíamos unha actividade (con diferentes niveis de dificultade) para que os alumnos e alumnas as realizasen na aula. Cando a remataban tiñan como premio unha peza do quebracabezas. 





Despois deste duro traballo, ben merecían unha festa...






Nela tivemos diferentes obradoiros moi divertidos e xogos tradicionais. Queredes botar unha ollada?

Procura de escritores famosos

Decoración de marcos para as nosas fotos, ambientadas na época de Antón: muller con pano e home con boina. Máis guapos!!

Mural cas nosas palabras preferidas do galego.

Circuito de chapas


Tangram de edificios emblemáticos galegos con tres niveis de dificultade.




A mariola


Recortable do traxe tradicional.


mércores, 13 de marzo de 2019

ENTROIDO!!!

O que nos gusta esta festa! Este ano, seguindo o proxecto da biblio, "Europa sen barreiras",os nosos disfraces foron de diferentes países de Europa. Tivemos trasnos irlandeses, gondoleros italianos, galos portugueses, guardiáns ingleses, alemáns e, como non. PELIQUEIROS!!! 
E grazas aos Quilomberos, o noso pasarrúas foi así de marchoso!










martes, 11 de decembro de 2018

A FESTA DO DÍA DA CIENCIA

Despois do recreo... Chegou a festa con moitas actividades:

Fixemos varios obradoiros, como sempre pensados para que todos e todas poidesemos participar. 
-          A vida de Arquímedes: neste obradoiro, coñecemos a vida de Arquímedes e descubrimos que lle gustaba moito a xeometría. Por iso, despois nós fixemos formas na area.


-          O principio de Arquímedes: nesta estación tiñamos tres actividades:
o   Unha historia! Sabiades o que descubríu Arquímedes cando o rei lle mandou pescudar sobre a súa coroa? Nós si!


o   Flota ou afúndese? Primeiro tiñamos que pensar... Flotará ou afundírase? Votamos! e despois... Comprobamos a hipótese. Ás veces levamos sorpresas! Sabedes que hai unha pedra que flota??




o   Elaboración da nosa coroa: Nós como reis e raíñas!

-          O método científico: primeiro aprendemos os pasos do método científico para despois facer o noso experimento: A botella máxica! Hai líquidos que non se mesturan!




-          A forza: Que pasa cando lle aplicamos forza a un obxecto? Pois depende... Nós experimentámolo.
o   Defórmase: como a plastilina.
o   Desprázase: como xogando ao soga-tira.
o   Rompe: como cando sentamos en globos.
Quen dixo que a ciencia non pode ser divertida??

luns, 10 de decembro de 2018

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

No cole estamos por celebrar! Unha das cousas que celebramos foi o "Día da ciencia en Galego". Cada ano este día adícase a un científico galego e a outro europeo. Este curso tocoulle ao Mestre Mateo máis a Arquímedes así que neles nos centramos.
E que mellor forma de homenaxear ao Mestre Mateo que co noso Pórtico da Gloria! Toleamos? Facer un Pórtico da Gloria? Pois no noso cole non hai imposibles así que...



Como non podía ser doutro xeito, fomos personalizando o noso pórtico. Así repartimos polas clases as figuras para que cada alumno e alumna a pintara e puxera a súa foto. Ademais, algúns dos alumnos dos máis maiores, foron os encargados de explicar, o día da festa, quen foi o mestre Mateo e que é o Pórtico da Gloria. Todas as clases pegaron a súa escultura e recibiron a explicación en lingua oral e de signos














Pero aínda houbo máis sorpresas! Se queredes sabelas, seguide a ler!




LETRAS GALEGAS 2020

Como ben sabedes, este domingo é o Día das Letras Galegas. Este ano, o máis rariño que acordamos, homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero, aut...