martes, 11 de decembro de 2018

A FESTA DO DÍA DA CIENCIA

Despois do recreo... Chegou a festa con moitas actividades:

Fixemos varios obradoiros, como sempre pensados para que todos e todas poidesemos participar. 
-          A vida de Arquímedes: neste obradoiro, coñecemos a vida de Arquímedes e descubrimos que lle gustaba moito a xeometría. Por iso, despois nós fixemos formas na area.


-          O principio de Arquímedes: nesta estación tiñamos tres actividades:
o   Unha historia! Sabiades o que descubríu Arquímedes cando o rei lle mandou pescudar sobre a súa coroa? Nós si!


o   Flota ou afúndese? Primeiro tiñamos que pensar... Flotará ou afundírase? Votamos! e despois... Comprobamos a hipótese. Ás veces levamos sorpresas! Sabedes que hai unha pedra que flota??




o   Elaboración da nosa coroa: Nós como reis e raíñas!

-          O método científico: primeiro aprendemos os pasos do método científico para despois facer o noso experimento: A botella máxica! Hai líquidos que non se mesturan!




-          A forza: Que pasa cando lle aplicamos forza a un obxecto? Pois depende... Nós experimentámolo.
o   Defórmase: como a plastilina.
o   Desprázase: como xogando ao soga-tira.
o   Rompe: como cando sentamos en globos.
Quen dixo que a ciencia non pode ser divertida??

luns, 10 de decembro de 2018

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

No cole estamos por celebrar! Unha das cousas que celebramos foi o "Día da ciencia en Galego". Cada ano este día adícase a un científico galego e a outro europeo. Este curso tocoulle ao Mestre Mateo máis a Arquímedes así que neles nos centramos.
E que mellor forma de homenaxear ao Mestre Mateo que co noso Pórtico da Gloria! Toleamos? Facer un Pórtico da Gloria? Pois no noso cole non hai imposibles así que...



Como non podía ser doutro xeito, fomos personalizando o noso pórtico. Así repartimos polas clases as figuras para que cada alumno e alumna a pintara e puxera a súa foto. Ademais, algúns dos alumnos dos máis maiores, foron os encargados de explicar, o día da festa, quen foi o mestre Mateo e que é o Pórtico da Gloria. Todas as clases pegaron a súa escultura e recibiron a explicación en lingua oral e de signos














Pero aínda houbo máis sorpresas! Se queredes sabelas, seguide a ler!