A FESTA DO DÍA DA CIENCIA
Despois do recreo... Chegou a festa con moitas actividades:
Fixemos varios obradoiros, como sempre pensados para que todos e todas poidesemos participar.
-
A vida de Arquímedes: neste
obradoiro, coñecemos a vida de Arquímedes e descubrimos que lle gustaba moito a xeometría. Por iso, despois nós fixemos formas na area.
-
O principio de Arquímedes:
nesta estación tiñamos tres actividades:
o Unha historia! Sabiades o que descubríu Arquímedes cando o rei lle mandou pescudar sobre a súa coroa? Nós si!
o Flota
ou afúndese? Primeiro tiñamos que pensar... Flotará ou afundírase? Votamos! e despois... Comprobamos a hipótese. Ás veces levamos sorpresas! Sabedes que hai unha pedra que flota??
o Elaboración
da nosa coroa: Nós como reis e raíñas!
-
O método científico: primeiro aprendemos os pasos do método científico para despois facer o noso experimento: A botella máxica! Hai líquidos que non se mesturan!
-
A forza: Que pasa cando lle aplicamos forza a un obxecto? Pois depende... Nós experimentámolo.
o Defórmase: como a plastilina.
o Desprázase: como xogando ao soga-tira.
o Rompe: como cando sentamos en globos.
Quen dixo que a ciencia non pode ser divertida??
Ningún comentario:
Publicar un comentario