LETRAS GALEGAS 2019
ANTONIO FRAGUAS
Para nós, Antón Fraguas xa era un vello coñecido... Coñecíamos a súa vida, a súa obra e ata os seus gustos e aficións. Proba delo é a canción que lle adicamos.
Durante toda a semana estivemos a traballar sobre o homenaxeado. Como o fixemos? Elaboramos unha invitación para a festa das letras. Nela había un quebracabezas de Antón pero... sen pezas! Había que gañalas. Cada día propoñíamos unha actividade (con diferentes niveis de dificultade) para que os alumnos e alumnas as realizasen na aula. Cando a remataban tiñan como premio unha peza do quebracabezas.
Despois deste duro traballo, ben merecían unha festa...
Nela tivemos diferentes obradoiros moi divertidos e xogos tradicionais. Queredes botar unha ollada?
|
Procura de escritores famosos |
|
Decoración de marcos para as nosas fotos, ambientadas na época de Antón: muller con pano e home con boina. Máis guapos!! |
|
Mural cas nosas palabras preferidas do galego. |
|
Circuito de chapas |
|
Tangram de edificios emblemáticos galegos con tres niveis de dificultade. |
|
A mariola |
|
Recortable do traxe tradicional. |